O Último Bardo: Eduardo Pondal
🌟 POLVO DE ESTRELAS 🌟 Hoxe abro a biblioteca prohibida… ✨📖 “A fada dos montes” , de Eduardo Pondal . O último bardo que andivo polas terras de Breogán escoitando o murmurio dos pinos e sabendo que nos montes había maxia esquecida. 🏔️🍃 Porque Pondal foi o poeta que escribiu Queixumes dos Pinos e lle deu voz ao fogar de Breogán. Con él naceu aquel canto que se fixo himno: “¿Que din os rumorosos, na costa verdecente, ao raio transparente do prácido luar? ¿Que din as altas copas...?” 🎶 Foi o bardo dos misterios , o que recolleu o fío lumínico das fadas cando ninguén máis o vía. Porque Pondal tiña dúas voces : a épica de Os Eoas (corenta anos cantando a Colón) e a máxica de A fada dos montes , onde os poemas gardan tesouros antigos e os montes falan con voz de lenda. Nesta edición que comparto dende o Internet Archive (deses portais que abres como quen cruza un espello), as fadas saen a bailar entre versos con aquel pouso de libro de outras eras....