O Último Bardo: Eduardo Pondal
🌟 POLVO DE ESTRELAS 🌟
Hoxe abro a biblioteca prohibida… ✨📖
“A fada dos montes”, de Eduardo Pondal.
O último bardo que andivo polas terras de Breogán escoitando o murmurio dos pinos e sabendo que nos montes había maxia esquecida. 🏔️🍃
Porque Pondal foi o poeta que escribiu Queixumes dos Pinos e lle deu voz ao fogar de Breogán. Con él naceu aquel canto que se fixo himno: “¿Que din os rumorosos, na costa verdecente, ao raio transparente do prácido luar? ¿Que din as altas copas...?” 🎶
Foi o bardo dos misterios, o que recolleu o fío lumínico das fadas cando ninguén máis o vía. Porque Pondal tiña dúas voces: a épica de Os Eoas (corenta anos cantando a Colón) e a máxica de A fada dos montes, onde os poemas gardan tesouros antigos e os montes falan con voz de lenda.
Nesta edición que comparto dende o Internet Archive (deses portais que abres como quen cruza un espello), as fadas saen a bailar entre versos con aquel pouso de libro de outras eras. 📖🌙
Ideal para ler á luz dun candil, para perder o norte ou para regalar a quen aínda cre que ás árbores falan. 🕯️🗣️
🔮 Abrir en ventana completa (Archive.org) 🔮
Dúas Caras do Mesmo Bardo
Se queres afondar na obra de Pondal, podes explorar estas dúas vías que o definen:
- O épico: Os Eoas, unha obra na que Pondal pasou corenta anos obsesionado coa idea de que Cristóbal Colón era galego. Unha epopea monumental onde o bardo se empeñou en converter a conquista de América nunha fazaña saída directamente de Galicia.
- O lírico e máxico: Queixumes dos Pinos e A fada dos montes, onde a natureza respira e a mitoloxía galega cobra vida.
Se desexas perderte por máis estanterías máxicas, recorda que podes visitar a nosa páxina permanente: A Biblioteca Prohibida. Alí encontrarás unha lista actualizada de portais onde a cultura flúe sen barreiras e todos os volumes que imos rescatando.
Que a palabra do bardo te atope no camiño
✨🍃 Disfruta da lectura, e lembra: a maxia aínda fala para quen sabe escoitar. 🍃✨
🪄📖 Eitán el Mago

Comentarios
Publicar un comentario