A princesa Tech
A Princesa Tech
Un conto de fadas para a era dixital
Había unha vez un príncipe que quería ter parella, pero non unha parella calquera: buscaba a alguén que sentira a tecnoloxía na alma.
Unha noite de tormenta brutal —con tronos, choiva torrencial e cortes intermitentes de wifi— chamaron á porta. Era unha princesa empapada, co pelo pegado na cara.
— A miña batería está ao 3 %. ¿Deixasme pasar a noite aquí?
Cando ela saíu da ducha, él acompañouna ao cuarto de invitados. O dormitorio tiña unha cama king size cun colchón viscoelástico de xel de medio metro de grosor. O que ela non sabía era que o astuto príncipe foi antes ao salón para coller un vello móbil, un iPhone X coa pantalla rota, e escondeuno baixo o groso colchón.
A mañá seguinte, a princesa apareceu no almorzo con olleiras ata o chan, o pelo revolto e cara de ter pasado a noite en vela.
—¿Que tal dormiches? —preguntou o príncipe con falsa inocencia.
—Fatal —respondeu ela—. A cama era comodísima, as sabas suaves, todo perfecto... pero había un aparello tecnolóxico debaixo do colchón. Estaba ferido, sentía as súas gretas a través do xel. Pasei horas dando voltas, doeme o corpo, estiven a punto de chorar. Creo que era... ¿un iPhone coa pantalla rota?
O príncipe mirouna abraiado.
— ¡É ela! —exclamou.
Despois dalgún tempo compartiron o mesmo loft e viviron felices, cunha conexión 5G impecable.
O teu feedback
📡 Conexión establecida
Moitas grazas por axudar a mellorar o borrador.
Moi chulo😉
ResponderEliminarGrazas por comentar, Max. Unha aperta.
Eliminar