A muiñeira do demo - poema (letra creada por Eitán el Mago)
A MUIÑEIRA DO DEMO nace da investigación en poemas de duelos musicais co demo, máis preto da maxia que da festa. Non é unha melodía de romaría aberta, senón un duelo musical coa noite, unha conversa teimuda entre o fol que respira e o silencio que o rodea, coma se cada pausa fose un paso máis cara ó abismo. Nesta muiñeira a gaita convértese en personaxe: chora como o ceo sobre Compostela, berra como curuxa antiga e ronca coma a madeira vella que gardou mil segredos. Agardo que a disfrutedes. 🧙♂️🎶 A MUIÑEIRA DO DEMO Adaptación narrativa e folclórica Autor: [Eitán el Mago] I. O RELATO Inspiración: https://www.eitanelmago.gal/2026/03/a-muineira-do-demo.html II. A COMPOSICIÓN No Obradoiro de pedra, onde o demo ven tentar, toca unha gaita afinada, que o ceo fai chorar. ¡Ai, que baixa o demo! ¡Ai, que a Santiago ven! ¡mellor que Xoana do Monte non toca a gaita ninguén! Canta o fol e ...