A muiñeira do demo - poema (letra creada por Eitán el Mago)

A MUIÑEIRA DO DEMO nace da investigación en poemas de duelos musicais co demo, máis preto da maxia que da festa.

Non é unha melodía de romaría aberta, senón un duelo musical coa noite, unha conversa teimuda entre o fol que respira e o silencio que o rodea, coma se cada pausa fose un paso máis cara ó abismo.

Nesta muiñeira a gaita convértese en personaxe: chora como o ceo sobre Compostela, berra como curuxa antiga e ronca coma a madeira vella que gardou mil segredos.

Agardo que a disfrutedes. 🧙‍♂️🎶

A MUIÑEIRA DO DEMO

Adaptación narrativa e folclórica
Autor: [Eitán el Mago]

I. O RELATO
Inspiración: https://www.eitanelmago.gal/2026/03/a-muineira-do-demo.html

II. A COMPOSICIÓN

No Obradoiro de pedra,
onde o demo ven tentar,
toca unha gaita afinada,
que o ceo fai chorar.

¡Ai, que baixa o demo!
¡Ai, que a Santiago ven!
¡mellor que Xoana do Monte
non toca a gaita ninguén!

Canta o fol e o punteiro
con pluma de azor do ar,
canta o fol e o punteiro
con pluma de azor do ar.
¡Ai, que baixa o demo!
¡Ai, que a Santiago ven!
¡mellor que Xoana do Monte
non toca a gaita ninguén!

Ten son de curuxa antiga
e ronco de buxo vello,
ten son de curuxa antiga
e ronco de buxo vello.
¡Ai, que baixa o demo!
¡Ai, que a Santiago ven!
¡mellor que Xoana do Monte
non toca a gaita ninguén!

Ela ten alma de gaiteira
e andar de Río de Xaneiro,
Ela ten alma de gaiteira
e andar de Río de Xaneiro.
¡Ai, que baixa o demo!
¡Ai, que a Santiago ven!
¡Cando Xoana apreta o fol,
xa non é demo ninguén!

Esta muiñeira non busca a festividade, senón a atmosfera gótica do duelo musical.
O seu ritmo está pensado para o solo de gaita procesional, onde o silencio é tan importante como a nota.

Obra rexistrada en Safe Creative:
Código 2603114854859 – A MUIÑEIRA DO DEMO

Comentarios

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Sensibilidad digital

Enciende otro fuego

La muiñeira del diablo