O ancián da fronteira
Todo mago coñece o poder das palabras, pero non todas teñen o mesmo peso nin a mesma orixe. Desde este intre comezo a conxurar historias tamén en galego, descubrindo a beleza da miña lingua nai para quen teña interese en desfrutala. Para comezar, elixín un relato sinxelo: notei a falta de traducións ao noso idioma de moitos relatos antigos e gustaríame contribuír a que estas historias tamén se poidan atopar en galego.
Había unha vez un ancián que vivía co seu fillo nunha casa na fronteira. Un día, o seu mellor cabalo fuxiu cara ás terras dos bárbaros. Os veciños viñeron a consolalo. O ancián dixo:
Quen sabe se isto non é unha bendición?
Meses despois, o cabalo regresou acompañado dun magnífico semental salvaxe. Os veciños felicitárono. O ancián respondeu:
Quen sabe se isto non é unha desgraza?
Ao fillo deulle por cabalgar. Un día caeu do animal e rompeu unha perna, quedando lisiado. Os veciños volveron lamentarse. O ancián dixo:
Quen sabe se isto non é un agasallo?
Un ano despois, os bárbaros invadiron a fronteira. Todos os mozos foron recrutados para a guerra e moitos morreron en combate. O fillo, por ser lisiado, ficou na casa e salvou a vida.
Os veciños non volveron a visitalos.
Parábola taoísta recollida no Huainanzi, unha das obras capitais da filosofía e a ciencia política da antigüidade chinesa.
Comentarios
Publicar un comentario