O ancián da fronteira

Todo mago coñece o poder das palabras, mais non todas posúen o mesmo peso nin a mesma orixe. Desde este intre, comezo a conxurar historias tamén en galego, descubrindo e compartindo a beleza da miña lingua nai con quen teña interese en desfrutala. Para iniciar este camiño, elixín un relato sinxelo: notei a falta de traducións ao noso idioma de moitos textos antigos e gustaríame contribuír a que tamén poidan atoparse en galego.

Había unha vez un ancián que vivía co seu fillo nunha casa na fronteira. Un día, o seu mellor cabalo fuxiu cara ás terras dos bárbaros. Os veciños viñeron a consolalo. O ancián dixo:

Meses despois, o cabalo regresou acompañado dun magnífico semental salvaxe. Os veciños felicitárono. O ancián respondeu:

Ao fillo deulle por cabalgar. Un día caeu do animal e rompeu unha perna, quedando lisiado. Os veciños volveron lamentarse. O ancián dixo:

Un ano despois, os bárbaros invadiron a fronteira. Todos os mozos foron recrutados para a guerra e moitos morreron en combate. O fillo, por ser lisiado, ficou na casa e salvou a vida.

Os veciños non volveron a visitalos.

Parábola taoísta recollida no Huainanzi, unha das obras capitais da filosofía e a ciencia política da antigüidade chinesa.

Comentarios

  1. Muchas gracias Eitan por compartir tus historias!!! Me encanta tu forma de escribir y ahora también en gallego.

    ResponderEliminar
  2. Gracias a ti por leer y comentar. Un abrazo fuerte.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Enciende otro fuego

Sensibilidad digital

La muiñeira del diablo

El mago de luz y la bruja de la niebla

Visto e ignorado

Alicia en el país de las Matemáticas Democráticas

Homoioi (Los iguales de Esparta)

TPE: ODIN