Asubío - Microrrelato

A luz do amencer derramándose polo canón do Sil córtalle o alento a un.

ribeira do sil

A luz do amencer derramándose polo canón do Sil córtalle o alento a un.

Na primavera o río brama ceibe co desxeo. Tres cans escuros ladran. Cazador, Matador e Devorador. Non son mascotas. Son traballadores. Manteñen os xabaríns lonxe das cepas de mencía.

Os dous irmáns adestráronos amarrando animais feridos a unha árbore. Primeiro coellos. Despois animais máis grandes. Despois cans vellos. O que dubidaba levaba un pao e pasaba dous días sen comer. Aprenderon axiña.

Xulio, o irmán máis novo, sempre soubo que a viña era unha boca aberta.

Érguese, leva as dúas mans aos cadrís e sorprende a Lito mirándoo fixamente.

Chega o outono. Coa el, a vendima e a calma do río.

Lito pisa mal e cae do socalco. Roda dez metros pola ribeira abaixo ata quedar atrapado entre dúas parras.

Xulio escoitao. Asubía.

As tres sombras negras corren. Non precisan ladrar.

Xulio baixa sen présa, coas mans nos petos.

Escoitanse máis berros. Despois nada.

🍇

A lealdade róubase cun asubío.
Feliz día das letras galegas .

Comentarios

Entradas populares de este blog

Homoioi (Los iguales de Esparta)

Silbido (Microrrelato)

Cena en un ático con techo de vidrio

Bennu

Nepotismo de primera división